Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

28 de mayo de 2014

VISITA DE ÓSCAR VILLÁN

Despois de gozar dos seus debuxos en contos como "O coelliño branco", os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de recibir a visita do ilustrador do conto "UN BECHO ESTRAÑO",  Óscar Villán, quen ademáis veu acompañado de dous marabillosos conta-contos: Álex e Patri, que coa súa voz e música fixeron que tamén os nenos do primeiro ciclo gozaran moitísimo. Ademais, tivemos a sorte de escoitar en primicia os poegramas ÁRBOL E VIOLÍN, ilustrados polo propio Óscar.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que mágoa telo perdido!! Co que me gustan a min os contacontos.
Unha chea de biquiños e achuchóns para repartir.

matilda dijo...

Moitas grazas polos biquiños e achuchóns e que saibas que botámoste de menos!

Biquiños para ti tamén