Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

17 de octubre de 2014

DESCUBRINDO O MERCADO DE REDONDELA

Queremos comezar a traballar o noso Proxecto Documental Integrado deste curso que, como sabedes, xira ao redor da horta e ten o título de "Cultivando lecturas". Como primeira paso, e para espertar as ganas de traballar nas nenas e nenos do cole, fixemos unha visita ao Mercado Municipal de Redondela co alumando de 3º e 4º. Alí, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron moitas cousas sobre o fondo mariño e as tallas dos peixes.