Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

26 de octubre de 2014

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA

Xa chegou o día. O pasado venres 24 foi o Día das Bibliotecas Escolares e, un ano máis, escollemos esa data para celebrar a festa da nosa biblioteca e inaugurar este curso. 
O alumando foi visitando a biblioteca por quendas, descubrindo as fantásticas novidades, recollendo as carpetas da biblioteca do 1º curso e os carnés o alumnado novo.
A partires do luns xa teremos as actividades no recreo, comezaremos co empréstito de libros e....moitas máis sorpresas que Matilda ten preparadas para este curso.
E tamén tivemos unha sesión de contacontos a cargo de dous mestres do cole, que ofreceron unha mostra das aventuras que se agochan na biblioteca.

No hay comentarios: