Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

18 de octubre de 2014

INFANTIL TAMÉN VISITA O MERCADO

Só quedaban eles, o alumnado de Educación Infantil. Eles tamén traballan o noso Proxecto Documental Integrado ao redor da horta, "Cultivando lecturas".
Así que tamén fixeron unha visita ao Mercado Municipal de Redondela, onde, ademais de ver as diferentes seccións e tendas, os productos do mar e da horta, poideron mercar froitas e hortalizas para levar para casa. Toda unha aventura polo mercado!!!


No hay comentarios: