Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

16 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

O pasado mércores, desafiando á chuvia outonal que nos acompaña cada día, celebramos o noso magosto. A pesar dos chuvascos que pasaron por cesante ao longo da mañá, o certo é que puidemos asar as castañas e facer os nosos xogos todos xuntos. Este ano era especialmente importante porque o alumnado de 6º curso de Primaria encargouse de organizar e dirixir os xogos. Como non podía ser doutro xeito, fixéronno estupendamente. Parabéns!!

No hay comentarios: