Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

26 de noviembre de 2014

RECREO DE CONTO

E chegou o primeiro recreo de conto, dous en realidade. Porque temos moita demanda e temos que compartir os momentos de recreo.
Desta volta foron as alumnas de 2º B e 3º B as que nos contaron "365 pingüinos" e "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Andrea, Letizia, Jheneba, María, Carmen, Nayra, Ariana, Jesica, Paula, Estela e Sara, fixéschedelo estupendamente.