Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

18 de diciembre de 2014

CULTIVAMOS LECTURAS: RESUMO DO 1º TRIMESTRE



O traballo deste tempo de outono centrouse na organización do traballo e a preparación do invernadoiro e o terreno que imos cultivar.
Montamos o invernadoiro nunha das nosas terrazas e imos gardando as sementes

      

Preparamos a mesa cos material necesario para facer as nosas medicións e anotar os rexistros de precipitacións, temperatura, presión atmosférica, direción do vento e a evolución das plantas, así como un rexistro de incidencias.


     

    

E para rematar preparamos o terreno de cultivo.

   

      

Así que so queda agardar que as nosas sementes agromen e o tempo acompañe a nosa colleita.

No hay comentarios: