Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

3 de diciembre de 2015

UNHA CARAPUCHIÑA VERMELLA

Confeso que non son moi fan das historias de Carapuchiña Vermella, pero atopei esta alfaia nun blogue que sempre fai achegas estupendas, Trafegando Ronseis.

Trátase de Una caperucita roja de Marjolaine Leray publicado por Océano Travesía.

Coincido plenamente coas palabras de Gracia e Anxo: resulta imposible non namorar desta tan espilida nena cun final traste que nos fará escachar coa risa. O máis chamativo do álbum é que parece demasiado sinxelo, sen complicacións, cunhas ilustracións en vermello e negro coma se fosen apuntamentos. Pero é un logro total. 

No hay comentarios: