Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

20 de mayo de 2016

TODO ME FALA DE TI

Pertencente ao libro-disco "Canta o Cuco", de Uxía e Magín Blanco, un vídeo en clave poética no que unha nena ensina a beleza da nosa terra a un ser tenro e diferente que se sorprende coa marabilla da natureza e coa alegría dunha nova amizade. Dedicado a Manuel María, que nos ensinou tanto sobre nós e sobre Galiza.