Tralo éxito doutros anos o venres pasado volvemos a desfrutar dunha mañá de apadriñamento lector con motivo da semana do libro. Coma ben sabedes nesta actividade os alumn@s de cursos superiores apadriñan a un alumn@ dos cursos inferiores para lerlle un conto. Por iso para poder ser bos padriños e madriñas o día anterior os maiores visitan aos máis pequenos para coñecerse mutuamente e saber dos seus gustos.
Que paisaxe máis bonita todas as nenas e nenos lendo xuntos nun día de sol!! Bo traballo padriños e madriñas!!!
Fai clic na imaxe para ver as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario