Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

14 de outubro de 2024

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2024/2025

 O próximo xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, inauguramos a nosa Biblioteca.

Estamos a preparar a Ventá da Biblioteca e decorando o Centro co tema do PDI deste curso: OS XOGOS TRADICIONAIS.

As novas e os novos axudantes de Biblioteca xa fixeron a súa formación e asinaron os contratos. Xa están a traballar na Biblioteca preparando a Inauguración e deixando todo preparado para ese gran día.

Moitas grazas a todas e todos eles. Grazas tamén ás familias polas súas aportacións para a decoración do cole.

SAÚDOS DE MATILDA!