Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

11 de abril de 2011

LUME!!

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can.... Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Dúas titiriteiras contáronnos hoxe esta historia nun bosque onde todo esta formado por obxectos de casa...

Lume!!!... Teatro Bavaluva... Alberto Varela Ferreiro... nenos e nenas de Educación Infantil... e as fotos da actuación.

4 comentarios:

Marga dijo...

¡Qué ben o pasan!,xa me gustaría a min agocharme nunha esquiniña e poder escoitar o conto.Biquiños Máxicos

matilda dijo...

Foi unha chulada! Especialmente a construción dos personaxes con utensilios de cociña.... precisos!!

Anónimo dijo...

Encantounos o teatro, sobre todo os animais e o lume.
Moitas grazas.
Os nenos e nenas de eI 4 anos B

NU dijo...

HAI QUE VER QUE ATENTOS ESTABAN!!! QUÉ CARIÑAS...