Co gallo do Día das Letras, 96 bibliotecas escolares galegas decidiron xuntarse para SALVAR LIBROS... aqueles libros escritos en galego e por galegos que desexan gardar na aldea dos homes e mulleres-libro.
Así, ó fío do argumento da novela Fahrenheit 451 pensouse en que se iso sucedese hoxe...¿que libro salvariamos nós de entre os numerosos da literatura galega?
O arquitecto e debuxante Jaime Jaureguizar, fixo o deseño dos fermosos carteis que serven de soporte é fan posible a imaxe da actividade e este é o resultado.
1 comentario:
Pois eu salvaría "Memorias dun neno labrego", unha das miñas primeiras lecturas en galego... encantoume!!
Maria
Publicar un comentario