Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

4 de octubre de 2011

AUDIOLIBROS

A editorial Rinoceronte acaba de publicar os primeiros audiolibros dispoñibles en galego. "É unha fórmula estupenda", defende o director da editorial, Moisés Barcia, "dado que existen múltiples actividades nas que non podemos soster un libro de papel nas mans, pero si escoitalo".
Montedidio, de Erri de Luca; Seda, de Baricco; A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi e Skugga-baldur, de Sjón, conforman a primeira quenda de obras locutadas . O dramaturgo Santiago Cortegoso, e a actriz Sonia Rúa, poñen voz as novelas. "Trátase de libros xa editados en papel, de extensión breve e divididos en capítulos para facilitar unha escoita descontinua", explica Barcia, "e que ademais tiveron unha boa acollida na súa versión en papel". 

No hay comentarios: