Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

21 de octubre de 2012

O MERCADO

Hoxe quero presentarvos un libro moi especial; especial porque é un libro e un Cd e un DVD e un karaoke... todo xunto. Especial tamén porque este proxecto xira arredor da festa e da felicidade. E o centro de todo este é Rui, un neno que a pesar das súas dificultades pode gozar coa música, cantar e bailar.

Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan a través das ilustracións de O Pastor.

Como anticipo, valeí vai unha das cancións rodada na Tenda da Loura, en Redondela, con Carme e Irea como protagonistas. Seguro que vos encanta.

1 comentario:

Marga dijo...

Pois tés razón Matilda..encantoume!!,ademais ven cargadiño de cousas interesantes.Tomarei nota!!Bicos e arrumacos.