Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

26 de noviembre de 2012

CULTURGAL 2012

Xa está aquí... un ano máis chega o Culturgal, a Feira da industria cultural galega. Os vindeiros venres, sábado e domingo haberá en Pontevedra unha chea de actividades para nenas e nenos de todas as idades.. ,para nais e pais de todas as idades..., para mestras e mestres..., para todas as persoas interesadas en coñecer as novas culturais deste país.
E para que vaiades organizando as vosas axendas aquí podedes consultar o programa.
Vémonos no culturgal.

No hay comentarios: