Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

14 de enero de 2014

OS TRES PORQUIÑOS

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil e o de 1º e 2º curso de Primaria, asistiron a unha fantástica representación teatral organziada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. Trátase de Os tres porquiños, un conto clásico adaptado para facer unha representación musical moi actual que enganchou ás cativas e cativos dende o primeiro minuto ata o final.
A obra está producida por Xandre Vázquez para EducaTeatro, e se visitas a súa páxina web poderás escoitar un pequeno anaco das cancións da representación.