Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

2 de enero de 2014

PANXOLIÑAS 2013

Entre as vacacións e as festas relaxeime tanto que esquecín publicar as fotos do Festival de Nadal que tivemos no cole. Foi un día moi divertido no que cantamos, bailamos e, grazas a ANPA, tomamos rosca e chocolate... de rechupete!!! Incluso houbo unha pequena sorpresa por parte dos mestres, que se lanzaron a cantar unha panxaliña. 
Na presentación de abaixo podedes ver as fotos deste día e premendo na seguinte imaxe poderedes acceder aos videos de cada actuación.
Lembra que para ver os videos debes premer na seguinte imaxe. Abrirase un enlace con todos os videos e podes escoller cal queres ver (podes ampliar cada un deles premendo no cadriño da esquina inferior dereita de cada video)
http://musicascativas.wix.com/cantandoosreisno2013#!festival/c1hvb

No hay comentarios: