Este martes tivemos unha sesión de de contacontos en Inglés para o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Visitounos Lisa Keegan, quen nos achegou a historia" What the ladybird heard". Unha xoaniña escoita como dous ladróns teñen intención de roubar unha vaca da granxa
e coa axuda dos outros animais trata de evitalo.
Unha sesión
divertida e interactiva onde a través da imitación e repetición das
palabras en inglés, as nenas e os nenos son parte activa da historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario