Este ano foi a horta, o noso proxecto para este curso, o eixo central do entroido. Así, agricultoras e agricultores conviviron coas froitas e hortalizas, cos espantallos e incluso cos corvos e as arañas que invaden as colleitas.
Por mor da chuvia non puidemos facer o noso desfile pola rúa, pero gorecímonos no xinnasio e bailamos lucindo as nosas creacións.
Velaí tedes o resultado.
O pasado venres celebramos o entroido no pabellón do centro xa que a choiva impediunos facelo no exterior e este foi o resultado. Agardo que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario