Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

5 de marzo de 2015

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O mércores tivemos unha das visitas máis esperadas deste curso, Paco Nogueiras, o creador dun dos nosos libros favoritos deste ano, Brinca vai!!.
Veu cargado de contos e instrumentos así que pasámolo estupendamente. 
Falounos das cores, dos instrumentos, dos chivos chivóns, da mosca chosca...e todo acompañado de música: que si un acordeón, que si un ukelele...Foi do máis divertido!!!
Moitas grazas por unha mañán tan estupenda.

No hay comentarios: