Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

30 de abril de 2015

XA CHEIRA A MAIO

Canta actividades temos no cole esta semana!! Cortar o fiuncho, coser o pampullo, decorar unha coroa... e todo para ter listo o noso maio o xoves. Todo o alumnado puido participar e aportar co seu traballo ao noso maio.
Realmente foi unha semana moi divertida!!