Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

9 de abril de 2016

DÍA DA ÁRBORE: EXCURSIÓN E PLANTACIÓN

Este ano recuperamos a excursión ao Saramagoso para celebrar o día da árbore. Despois dalgúns atrancos por mor da chuvia, o pasado xoves puidemos prantar, coa axuda da Comunidade de Montes do Viso, uns carballos que, con paciencia, darán unha boa sombra.
Velaí van as fotos de tan fantástico día.

No hay comentarios: