Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

11 de mayo de 2020

PROXECTO CARAMOMIA

ANIMÁDESVOS A SER ESCRITORAS E ESCRITORES DE CONFINAMENTO??? LEDE A INFORMACIÓN E SEGUIDE ESTÁ APAIXONANTE HISTORIA ONDE VOS PODEDES CONVERTIR EN COLABORADORES DA OBRA!!!,
Información do proxecto CARAMOMIA: 
Ledicia Costas xunto con outros tres autores (@lado_maria, @hematocrito, @srlandesa) lanzan un proxecto compartido nas redes, co apoio da Deputación de Pontevedra.  CARAMOMIA é unha historia pensada para o público infantil que irán pendurando en instagram, no perfil: https://www.instagram.com/caramomia/.
Como é o proceso de publicación da historia?
Pendudarán catro capítulos cada semana: os luns, mércores, venres e sábados durante 6 semanas. A partir da segunda semana darán a opción de que o público, as nenas e os nenos, decida cousas importantes da trama. Deste xeito, estaremos ante unha novela escrita a 8 mans e onde o lectorado pode interactuar tomando decisións na historia. Mediante un sistema de enquisas. Vaia: que decidira a maioría.
Ademais de ser unha novela negra onde os personaxes terán que emprender unha investigación arredor dun roubo no museo da cidade, este proxecto está concebido coma un xogo, un experimento colaborativo para que estas semanas de confinamento sexan máis levadeiras.

XA TEDES O CAPÍTULO 1 PUBLICADO, QUEREDES COÑECER O MISTERIO QUE SE NARRA????, QUEREDES COLABORAR NO ACONTECER DA HISTORIA???, POIS ADIANTE ESCRITORAS E ESCRITORES DE CONFINAMENTO!!!!!