Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

25 de xuño de 2011

E CHEGARON OS VIDEOS DO FESTIVAL

Xa temos preparados os videos do festival das Letras Galegas 2011. Para acceder a eles so tes que premer na imaxe do curso que te interesa. Espero que vos gusten.

A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.



A segunda actuación foi un poema titulado "Amolado" que representou outro grupo de alumnos e alumnas de Ed. Infantil e que tamén podes descargar aquí.

A terceira actuación, tamén de Ed. Infantil, foi a dramatización da  canción da illa de San Simón. Se queres descargar a canción fai clic aquí.



A continuación o alumnado de 1ºA representou unha cantiga tradicional chamada "O xogo da carrasquiña". Se queres descargar a canción fai clic aquí.

      

Despois, o alumnado de 1ºB representou outra cantiga tradicional chamada "Don Melitón".


 O alumnado de 2º representou e dramatizou o conto e a canción "O pirata Metepata".


O teatro foi a actuación do alumnado de 3º que represenou a obra "Xoana sen medo".


Por outra banda, o alumnado de 4º representou unha peza do grupo galego Berrogüeto titulada "As covas do rei Cintolo" utilizando instrumentos feitos por eles con material de refugallo. Se queres, descarga o audio.
 

 A continuación, o alumnado de 6º realizou unha actuación vogal e instrumental basada nunha mestura de cancións do artista galego Andrés do Barro. Se queres podes descargar a letra e os musicogramas empregados.


E por último, a actuación de 5 que realizou unha mestura de diferentes sketchs con temática de luz negra, ainda que esta actuación non foi toalmente gravada.

2 comentarios:

músicascativas dixo...

Bo traballo e felicitacións a tódolos participantes das actuacións, tanto os que estiveron diante das cámaras como os que estiveron detrás facendo posible todo esto.

Marga dixo...

Noraboa polo esforzo e traballo que fixestes os participantes e os mestres!.Grazas por este Agasallo!!.Bicos e Arrumacos.Bo verán!!!