Xa temos preparados os videos do festival das Letras Galegas 2011. Para acceder a eles so tes que premer na imaxe do curso que te interesa. Espero que vos gusten.
A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.
A primeira actuación do festival correu a cargo dun conto musical chamado "As dez galiñas" que representou o alumnado de Ed. Infantil. Se queres descargar a letra do conto fai clic aquí e se queres descargar a canción fai clic aquí.
A segunda actuación foi un poema titulado "Amolado" que representou outro grupo de alumnos e alumnas de Ed. Infantil e que tamén podes descargar aquí.
A terceira actuación, tamén de Ed. Infantil, foi a dramatización da canción da illa de San Simón. Se queres descargar a canción fai clic aquí.
A continuación o alumnado de 1ºA representou unha cantiga tradicional chamada "O xogo da carrasquiña". Se queres descargar a canción fai clic aquí.
Despois, o alumnado de 1ºB representou outra cantiga tradicional chamada "Don Melitón".
O alumnado de 2º representou e dramatizou o conto e a canción "O pirata Metepata".
O teatro foi a actuación do alumnado de 3º que represenou a obra "Xoana sen medo".
Por outra banda, o alumnado de 4º representou unha peza do grupo galego Berrogüeto titulada "As covas do rei Cintolo" utilizando instrumentos feitos por eles con material de refugallo. Se queres, descarga o audio.
A continuación, o alumnado de 6º realizou unha actuación vogal e instrumental basada nunha mestura de cancións do artista galego Andrés do Barro. Se queres podes descargar a letra e os musicogramas empregados.
E por último, a actuación de 5 que realizou unha mestura de diferentes sketchs con temática de luz negra, ainda que esta actuación non foi toalmente gravada.
2 comentarios:
Bo traballo e felicitacións a tódolos participantes das actuacións, tanto os que estiveron diante das cámaras como os que estiveron detrás facendo posible todo esto.
Noraboa polo esforzo e traballo que fixestes os participantes e os mestres!.Grazas por este Agasallo!!.Bicos e Arrumacos.Bo verán!!!
Publicar un comentario