Os alumnos e alumnas do 1º ciclo fixemos unha viaxe moi especial. Comezamos o noso periplo en autobús ata Pontevedra e alí embarcamos nun catamarán que nos levou pola ría de Pontevedra dando un fantástico paseo.
Visitamos a Escola Naval de Marín, onde nos amosaron como funciona un simulador de navegación e poidemos ver as estrelas e os planetas no seu planetario. Dende alí continuamos a viaxe en barco ata a praia de Aguete, onde xantamos e gozamos do lindo cuns fantástico xogos.
A pesar de que o sol non apareceu ata o mediodía, pasámolo moi ben mirando os peixes dende o barco e xogando co paracaidas.
Unha fantástica xornada para despedir o curso como todos merecedes.
2 comentarios:
¡Preciosas fotos!Noraboa ós mestres que participastes nesta excursión.Parabens!!!
Unha excursión do máis divertida. Pasámolo todas e todos moi ben.
Publicar un comentario