Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

5 de noviembre de 2012

PREPARAMOS O MAGOSTO

O vindeiro venres día 9 celebraremos o magosto no noso cole, así que xa estamos traballando o tema e preparamos a nosa mesa de lecturas cunha estupenda seleción de libros. Só tes que pasar pola biblioteca e escoller o que mais te guste. Ademais, estamos preparando moitas actividades nas aulas así que o arrecendo de castañas xa invade os nosos corredores.
 Unha vez máis, tedes unha escola de recursos e actividades para traballar nas aulas premendo na imaxe de abaixo. Agardo que vos gusten.

No hay comentarios: